venres, 15 de marzo de 2024

CRÓNICA DAS XVI XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

 

9 de marzo de 2024, ás 19,30. Teatro Enrique Gil 

en Vilafranca do Bierzo

PRESENTACIÓN DO DICIONARIO DO GALEGO DO BIERZO

Tras recordar que un 9 de marzo de hai 329 años nacía na nosa vila O Pai das Letras Galegas e unhas breves palabras de benvida a Sara Rodríguez Fernández e a súa publicación, o alcalde de Vilafranca, celebrou esta novidade para comezar o acto facendo uso na parte final da súa alocución da lingua galega.

Acompañaban á autora Marisa Cela da Asociación Escola de Gaitas e Raúl Ochoa do Fiandón berciano, ademais de Héctor Silveiro como coordinador da Comisión Cultural Martín Sarmiento que organizaba estas Xornadas coa colaboración das xa citadas asociaciois. Entre o numeroso público asistente concelleiros do Concello de Corullón eVilafranca. Ao longo do acto proxectáronse varios audiovisuais con textos de Juan Carlos Mestre realizados por Robés.  

As distintas intervenciois fixeron fincapé na importancia da recolleita das palabras que este dicionario reúne como referente substancial da identidade berciana, palabras que viviron na oralidade ata que Sarmiento dalgún xeito iniciara ao seu paso polo Bierzo no ano 1745 a súa recolleita consciente. Palabras que serviron para que Morales escribira os seus Ensayos en dialecto berciano en 1861 cuxos Premios escolares se entregan nas propias Xornadas e que autores máis recientes como González -Alegre, Aquilino Poncelas e JC Mestre seguen usando.  Falouse da tradicion oral, das dificultades que se van vencendo para que a xente nova faga uso desta parte da nosa cultura que, agora, este dicionario contribúe a afortalar como garantía do futuro para o galego do Bierzo. 

Sara Rodríguez, a autora explicou a xénese do seu traballo, a importancia da súa familia na súa toma de conciencia e
relación coa lingua, do seu paso polas aulas do Programa de Promoción do Galego en Cacabelos, da asistencia ás Xornadas Sarmiento como alumna e, finalmente, como se concretau o proxecto para o seu traballo de fin de grao en Vigo (TFG) coa colaboración de Alberto Lugrís e de X.H. Costas do Departamento de Galego da Universidade de Vigo que editou o Dicionario cun total de 15.000. Sara rematou anunciando unha iniciativa para seguir ampliando o Dicionario. Trátase do Mego das palabras do galego do Bierzo, unha metáfora da recolleita que se pretende realizar coa colaboración tanto do alumnado e docentes do Programa de Galego como das entidades e persoas que queiran achegar as palabras a través de distintos soportes: un correo electrónico e unha páxina web. Ademais Sara abriu unha conta de instagram para dinamizar este proceso.

 











Sara Rodríguez asinando exemplares


Tras do evento algo de música.




12 de marzo de 2024 ás 9,30 Cine Faba

 en Cacabelos

SESIÓN CO ALUMNADO DE SECUNDARIA

PRESENTACIÓN DAS PROPOSTAS DIDÁCTICAS

                                                                 PARA O DICIONARIO DO GALEGO DO BIERZO.

A Comisión Cultural Martín Sarmiento e Sara Rodríguez presentaron a proposta-reto da recolleita de 1000 palabras máis para o Galego do Bierzo, o Mego das Palabras, unha ampliación do Dicionario que se pretende realizar ao longo deste ano 2024 coa idea de que na celebración das próximas Xornadas se supere ese número de mil novas entradas que vaia fornecendo unha segunda edición do mesmo. Tras da presentación do Dicionario e a iniciativa estableceuse un diálogo cos docentes e alumnos/as de Secundaria presentes para estabecer unhas primeras estratexias de como abordar esta empresa. 




Alumnado e profesorado de Secundaria do Programa de Promoción nas portas do Cine Faba

                             




SESIÓN CO ALUMNADO DE  PRIMARIA



IV PREMIOS MORALES PARA A



                                                              PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO 2024

Ante o alumnado de Primaria procedente de 11 centros de distintos puntos do Bierzo, todos eles alumnos/as que cursan o Programa de Galego do Bierzo, as autoridades presentes puxeron en valor as actividades a prol da lingua galega no mundo do ensino e deron os parabéns aos gañadores antes de facer entrega dos IV Premios Morales. 

Interviñeron os tres concellos colaboradores: Cacabelos, Corullón e Vilafranca, as entidades culturalis do Instituto de Estudios Bercianos eo Instituto Leonés de Cultura, ademais de Francisco Javier López Inspector de Educación Provincial de Léon do Programa de Promoción do Galego, Olegario Ramón o Presidente do Consello Comarcal e Valentín García o Secretario General de Política Lingüística da Xunta de Galicia.






ACTUACIÓN DE PACO NOGUEIRAS: C@NTO CONTIGO

A seguir o Cine Faba encheuse cos sons e as canciois de Paco Nogueiras que desenvolveu os temas da súa actual xira denominada Canto contigo. Os centos de rapaces e rapazas acompañados dose das docentes bailaron e cantaron eilí reunidos para celebrar deste xeito lúdico e festivo o Día do Galego do Bierzo. 


MESA DE TRABALLO: AS ARELAS DE SARMIENTO 

Nas salas do Museo MARCA de Cacabelos.  



TEMAS TRATADOS

- Convocatorias das XVII Xornadas Martín Sarmiento e da Vª edición dos Premios Morales.
          - Recuperación e xeolocalización da Toponimia berciana.


          - Decálogo de solicitudes ás autoridades educativas sobre o Programa de Promoción do Galego do Bierzo.

Medios e redes

Ningún comentario:

Publicar un comentario

CRÓNICA DAS XVI XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

  9 de marzo de 2024, ás 19,30. Teatro Enrique Gil  en Vilafranca do Bierzo PRESENTACIÓN DO DICIONARIO DO GALEGO DO BIERZO Tras recordar que...