Hoxe celebramos en Cacabelos o Día do Galego do Bierzo realizando dous encontros con escolares do Programa de Promoción desta lingua nos centros de ensino da comarca.
FAUNA E FLORA DO BIERZO CO ALUMNADO DE SECUNDARIA
Sara Rodríguez, autora do Dicionario do Galego do Bierzo e Alfonso Fernández, alcalde de Carucedo, veterinario e especialista en Paxaros da Comarca dirixiron un pequeno obradoiro sobre o léxico da flora e da fauna dos nosa comarca, que precisan do coidado e atención semellante ao que necesita a nosa fala, ante os perigos que tanto os incendios nos montes como a desmemoria nas persoas poidan provocar.
Comezou unha disertación cargada de experiencia e de sabias consellas de Alfonso Fernández que sendo un nino observador atento da natureza e das aves, en particular, comezou a coñecer as especiaes de aves propias da comarca. Alfonso foi explicando con imaxes detalladas de cada paxaro citado (arredor de 200 aves) como se adentrou no mundo dos paxaros e como foi recoñecendo os sons dos seus cantos, os hábitos e lugares habituais de estacia e de cría, os tempos que pasan entre nós as aves migratorias que, por exemplo, adoitan ou acostumaban a pasar no Lago de Carucedo (pois os hábitos, van cambiando co paso dos anos). Reflexiois e características sobre aves acuáticas, paxaros dos campos, aguias e tamén das aves da noite. A papuxa das amoras (que non emigra), a carriza que xa se ve menos que antes, os costumes de ocupacion dos cuquelos, o canto das oropéndolas entre os chopos, ou o dos picos, o fermoso canto dos reiseñores ou dos cochorros (todos eles perfectamente reproducidos en directo polo conferenciante para a sorpresa dos asistentes, alumnado dos IES. de Vilafranca e Cacabelos que coas súas profesoras Teresa e Débora souberon da melodiosa cantiga do malvis, ou de como aos voitres lles chamaban os pastores as aves do lobo porque estaban voando sempre por riba á espera e previo ataque do mamífero depredador aos rabaños de ovellas.
A seguir Sara tomou a palabra para interactuar cunha presentación tamén cargada de fotos e nomes nun diálogo cos rapaces e rapazas para saber que nomes coñecían e cales non dos animais salvaxes e dos domésticos, da flora tamén, tanto de árbores frondosas e fruiteiras, de arbustos e de herbáceas de distinta índole. Sara apuntaba as diversas e variadas formas de nomear aos cochos ou as colebras, as dificultades para diferenciar para os falantes un carballo dun rebolo, ou de atoparlle outro nome ao negrillo entre os habitantes do Bierzo. Na segunda edición do seu Dicionario que axiña estará editada veremos como os campos semánticos dos animais e das plantas serán claramente ampliados, un labor difícil e complexo que ea está abordando. Sesiois como as de hoxe permiten ao alumnado ir afondando dun xeito divertido e distinto na riqueza léxica que é algo que caracteriza a nosa fala.
![]() |
| Alfonso Fernández e Sara Rodríguez autores das chalas para Secundaria |
Un vídeo dos paxaros https://fb.watch/FNAoqZYjlR/
ENTREGA DOS VI PREMIOS FERNÁNDEZ MORALES
Os gañadores dos distintos centros de Primaria onde se imparte o Programa de Promoción do Galego do Bierzo, recibiron das maos das autoridades presentes dos Concellos que apoian as XVIII Xornadas Martín Sarmiento, o anfitrión Cacabelos, Corullón e Carucedo, Vilafranca, o Consello Comarcal representado polo seu Presidente Olegario Ramón, as entidades culturais Instituto de Estudios Bercianos, Edicións Positivas, o Instituto Leonés de Cultura e o Deputado Provincial de Cultura, a Inspección Educativa Provincial de León, a Secretaría da Lingua Xunta de Galicia representada por Valentín García e a representante da Consellaría de Educación de Junta de Castela e León, Melina Rellán Barreiro.
![]() |
| Os alumnos/as premiados co VI Premio Morales |
![]() |
| Intervención do Deputado Provincial de Cultura de León |
O OBRADOIRO DOS SONS DO BOSQUE co cantautor ecoloxista berciano José Ángel Rodríguez
Dirixido aos máis pequenos trátase dunha inmersión a través da música e dos sons que podemos escuitar nos nosos montes de paxaros tan curiosos como o cuquelo ou a aguia, os paporubios ou os corvos, aves diurnas, ou a curuxa e a avelaiona ou o moucho, aves da noite. O perigo dos lumes, a forza da natureza e a necesaria conciencia que desde a nenez debe ir medrando para entender a conexión que debe haber entre os seres humanos e a fauna e a flora que nos rodean conformando a paisaxe que nos transfire identidade, paisaxe que ten tamén sons e son referentes que debemos cuidar como parte esencial da nosa cultura. A ecocultura na que a lingua é un deses aspectos que precisamos conservar.
![]() |
| José Ángel Rodríguez presentando o Obradoiro dos sons do noso bosque |
A MESA DE TRABALLO:
PREPARANDO UN XXV ANIVERSARIO DA POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA DE PROMOCIóN DO GALEGO NO BIERZO.
Fixose unha valoración do incremento na matrícula do alunado de galego (inclúense os do Colexio de Primaria de Lubián (Zamora) e a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada 1207, no presente curso, (o curso pasado eran 1179). Tanto Valentín García como Melina Rellán Barreiro, da D. General de Planificación, Ordenación y Equidad Educativa. Fíxose fincapé tamén no incremento de prazas para a excursión anual a Galicia. Logo de revisar o decálogo de propostas de mellora que para o XXV aniversario do Programa se propuxo xa o curso pasado a Comision Cultural Martín Sarmiento invita a abordar aspectos que significan un obstáculo para o desenvolvemento natural de dito Programa. A resposta de ambas administraciois é semellante. Tras repasar punto por punto o decálogo entenden que resulta moi difícil abordar desde a Comision de Seguimento (a esta Comisión asiste con voz, pero sen voto o Consello Comarcal, que na última reunión tida reclamou a ampliación da publicidade do Programa nos centros de ensino bercianos, incrementar as prazas que se outorgan para actividades para o alumnado de galego e posibilitar intercambios con centros galego e bercianos, cambios que precisan de cuestionamento da normativa establecida, por exemplo, con respecto á autonomñia dos propios centros ao falar do caso de ampliación de centros que oferten a lingua galega. Algo semellante ocorre coas clases de galego fóra do horario lectivo oficial para o alumnado de Bacharelato dos IES do Bierzo onde se imparte. O debate derivou cara a poñer en marcha iniciativas que vaian máis aló dos centros educativos, para o que se animaba aos concellos presentes e ao propio Consello Comarcal a abordar ofertas de espazos onde o uso do galego sexa o fío condutor de iniciativas de carácter cultural tipo Club lecturas, Xornadas de proxecciois de cinema en galego, etc... Acordouse estudar unha proposta para os concellos presentes que recibirían a iniciativa encantados..
















.jpeg)


.png)




.jpg)















