domingo, 26 de maio de 2024

A CASA NATAL DE SARMIENTO

 

Aspecto da Casa Natal de Sarmiento pouco antes de ser derruída

Inauguración da placa e arranxo da fachada en 1995 no 300 aniversario do nacemento de Sarmiento en Vilafranca do Bierzo



Detalle da fachada nos anos 90 antes de ser adecentada 

Detalle da antiga placa colocada nos anos 60 na fachada da Casa Natal de Sarmiento


A foto que usamos como ilustración permanente de fondo do blog tamén corresponde á Casa Natal de Martín Sarmiento en Vilafranca do Bierzo. Trátase dunha foto do fotógrafo galaico-berciano Xurxo Lobato para un traballo expositivo do Consello da Cultura Galega  titulado "Frei Martín Sarmiento e a Galicia do seu tempo" (1995) con textos de X. Filgueira Valverde. A Comisión Cultural Martín Sarmiento agradece publicamente poder facer uso desta magnífica fotografía. 

sábado, 25 de maio de 2024

A COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO



Acto de homenaxe a Martín Sarmiento, charla de Xesús Alonso Montero no Teatro de Vilafranca 1995

Precedentes 

En 1995 con motivo do 300 aniversario do nacemento de Martín Sarmiento houbo varios actos institucionais en Vilafranca do Bierzo, pero houbo un que organizou en concreto a  Asociación Cultural Escola de Gaitas desta vila que homenaxeu ao ilustrado dedicándolle as III Xornadas da Cultura e Lingua Galegas no Bierzo celebradas en 16 de setembro no Teatro e a Memoria escrita que se publicaría posteriormente.


O nacemento da Comisión

A Comisión Cultural Martín Sarmiento naceu como unha plataforma de asociaciois impulsada pola Escola de Gaitas de Vilafranca coa intención de divulgar e difundir a figura, a obra e o modus operandi do erudito na súa vila natal e na comarca do Bierzo. Nacía no vrau do 2001 ao ser anunciado que o Día das Letras Galegas do ano seguinte a Academia Galega homenaxearía ao Padre Sarmiento.

 

Os seus obxectivos

Renderlle unha nova homenaxe a Sarmiento, natural de Vilafranca do Bierzo, manifestando a nosa intención de sumarnos a celebración no ano 2002 das LETRAS GALEGAS, ano no que ía ser homenaxeado en toda Galicia.

Solicitar da Real Academia Galega a nosa intención de albergar os actos do 17 de maio.

Solicitar da Xunta de Galicia e a Junta de Castela y León a sinatura dun convenio para a reconstrución da Casa Natal de Martín Sarmiento en Vilafranca como centro das Artes e a Cultura no Camiño a Compostela e Centro de Divulgación da obra do erudito.

Pór en marcha iniciativas que permitan colocar o noso patrimonio histórico-artístico, cultural e natural en relación directa coa polifacética obra de Martín Sarmiento para asentar unha oferta cultural atractiva incorporando de forma efectiva a vida, obra e pensamento do ilustrado como baluarte do noso conxunto patrimonial.



As primeiras actividades desenvolvidas

En primeiro lugar, a Comisión ocupouse de que no Día das Letras do 2002 houbese unha presenza institucional en Vilafranca para o que se iniciaron unha serie de xestiois coa Alcaldía e coa propia Academia que chegaron a bo porto pois o 18 de maio, por vez primeira na súa historia, realizouse un plenario da Academia Galega no Teatro de Vilafranca do Bierzo, a segunda sesión de homenaxe ao ilustrado galego-berciano que tivera o seu principio en Pontevedra o día anterior.


A Comisión Cultural realizou actividades ao longo dese ano Sarmiento e acordou seguir realizándoas anualmente arredor do 9 de marzo, data do seu nacemento.

 

Á vez fíxose un seguimento ao asunto da rehabilitación da CASA NATAL  que polo de agora vén sendo o apartado con resultados máis negativos denominada SARMIENTO E O CAMIÑO que traballa a dimensión das viaxes e o patrimonio histórico-artístico e que a pesar de lograr apoios significativos, como o do Consello da Cultura Galega, non acadou o seu principal obxectivo, o da creación dese centro cultural na casa natal de Sarmiento (podes saber máis noutra sección específica neste blog).

 

Xurdiron pola contra noutros ámbitos iniciativas que se van consolidando e teñen transcendencia.  A Asociación Cultural Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo que forma parte parte constituínte da denominada COMISIÓN CULTURAL SARMIENTO, presentou no 2002 dous proxectos relacionados directamente e dun xeito moi práctico coa promoción e fomento do uso do galego no Bierzo:

 

SARMIENTO E A LINGUA NO BIERZO

A filosofía que move dito proxecto procura a consolidación e facer medrar o uso do galego no Bierzo. A Escola organizara nos anos 90 as denominadas Xornadas da Cultura e Lingua galegas no Bierzo (podes ver algunha información cartel sarmientocomplementaria na seguinte ligazón web) antes da introdución do galego nos centros de Ensino. Dende a Comisión Cultural se lles deu continuidade e como desde o 2001 xa había aulas de galego se incorporaron novas propostas como os denominados Intercambios escolares Martín Sarmiento  que de xeito anual se veñen realizando á par das Xornadas Martín Sarmiento.

 

SARMIENTO: ESCOLA, NATUREZA E LINGUA

O desenvolvemento dunha Aula da Natureza Martín Sarmiento foi unha iniciativa que ía ao encontro da recuperación  do Museo de Ciencias Naturais dos Padres Paúis en Vilafranca promovendo un convenio de cesión ao Concello de Vilafranca para facer factible dita recuperación. Recentemente coa creación da Asociación Burval, principal dinamizadora do Museo, se vén colaborando con ela para promover a rehabilitación e a incorporación de proxectos relacionados con Sarmiento.

 

 Un dos logros máis recentes da Comisión Cultural foi consolidar as Xornadas Martín Sarmiento como actividade máis representativa desta Comisión Cultural e ocupar un destacado papel na defensa e mellora do Programa de Promoción do Galego nos centros de ensino do Bierzo para o que se celebra o Día do Galego nos centros escolares ou do Programa do Galego no Bierzo dende o ano 2014.

 Podedes consultar as diversas entradas sobre estas actividades e traballos realizados nestes anos principalmente no blog BierzoCultura (antes colgados no blog O mego da Escola creado pola propia Comisión no 2008 para difundir pola rede as súas iniciativas que este ano 2024 estamos remodelando).

AS XORNADAS MARTÍN SARMIENTO 2005-2015

AS XORNADAS MARTÍN SARMIENTO COMEZAN OUTRA ETAPA (2016-2019)

AS XORNADAS MARTÍN SARMIENTO A PESAR DO CONFINAMENTO (2020-2021)

AS XIV XORNADAS MARTÍN SARMIENTO (2022)

AS XV XORNADAS MARTÍN SARMIENTO (2023)






mércores, 22 de maio de 2024

SARMIENTO DESCÓBRENOS A MUIÑEIRA


A referencia máis antiga á muiñeira aparece nun texto de frei Martín Sarmiento en 1745 e a primeira con notación musical é de 1786.

  Alá no moíño

cantarás cos nenos

esas moiñeiras,

 que aquí non ten xeito.

       

Esta é a cita na que Martín Sarmiento no Coloquio en mil duascentas coplas galegas nos fala das moiñeiras, a referencia documental máis antiga da que dispoñemos. No século XVII circulaba pola Península Ibérica un baile coñecido como 'gaita galega', que sería o antecedente da muiñeira. Un traballo de Julio Alonso Monteagudo revela estas e outras curiosidades dignas de mención.

Podes ver unha entrevista co investigador no seguinte enlace do programa ZIG ZAG da CRTVG

PARA O MEGO DAS PALABRAS: MULICEIRO/ ESMURICEIRO

Nese tempo de lecer que sempre temos no vrao, nese pracer que supón a relectura que permite entrar na inmensa paneira de palabras que gardam...