![]() |
Acto de homenaxe a Martín Sarmiento, charla de Xesús Alonso Montero no Teatro de Vilafranca 1995 |
En 1995 con motivo do 300 aniversario do nacemento de Martín Sarmiento houbo varios actos institucionais en Vilafranca do Bierzo, pero houbo un que organizou en concreto a Asociación Cultural Escola de Gaitas desta vila que homenaxeu ao ilustrado dedicándolle as III Xornadas da Cultura e Lingua Galegas no Bierzo celebradas en 16 de setembro no Teatro e a Memoria escrita que se publicaría posteriormente.
O nacemento da Comisión
A Comisión Cultural
Martín Sarmiento naceu como unha plataforma de asociaciois impulsada pola Escola de Gaitas de Vilafranca coa intención de
divulgar e difundir a figura, a obra e o modus operandi do erudito na súa vila
natal e na comarca do Bierzo. Nacía no vrau do 2001 ao ser anunciado que o Día das
Letras Galegas do ano seguinte a Academia Galega homenaxearía ao Padre
Sarmiento.
Os seus obxectivos
Renderlle unha nova
homenaxe a Sarmiento, natural de Vilafranca do Bierzo, manifestando a nosa
intención de sumarnos a celebración no ano 2002 das LETRAS GALEGAS, ano no que
ía ser homenaxeado en toda Galicia.
Solicitar da Real
Academia Galega a nosa intención de albergar os actos do 17 de
maio.
Solicitar da Xunta de
Galicia e a Junta de Castela y León a sinatura dun convenio para a
reconstrución da Casa Natal de Martín Sarmiento en Vilafranca como centro das
Artes e a Cultura no Camiño a Compostela e Centro de Divulgación da obra do
erudito.
Pór en marcha iniciativas
que permitan colocar o noso patrimonio histórico-artístico, cultural e natural
en relación directa coa polifacética obra de Martín Sarmiento para asentar unha
oferta cultural atractiva incorporando de forma efectiva a vida, obra e pensamento
do ilustrado como baluarte do noso conxunto patrimonial.

As primeiras actividades desenvolvidas
En primeiro lugar, a
Comisión ocupouse de que no Día das Letras do 2002 houbese unha presenza institucional en Vilafranca para o que se iniciaron
unha serie de xestiois coa Alcaldía e coa propia Academia que chegaron a bo
porto pois o 18 de maio, por vez primeira na súa historia, realizouse un
plenario da Academia Galega no Teatro de Vilafranca do Bierzo, a segunda sesión
de homenaxe ao ilustrado galego-berciano que tivera o seu principio en
Pontevedra o día anterior.
A Comisión Cultural
realizou actividades ao longo dese ano Sarmiento e acordou seguir realizándoas
anualmente arredor do 9 de marzo, data do seu nacemento.
Á vez fíxose un
seguimento ao asunto da rehabilitación da CASA NATAL que polo de agora vén sendo o apartado con
resultados máis negativos denominada SARMIENTO
E O CAMIÑO que traballa a dimensión das viaxes e o patrimonio histórico-artístico
e que a pesar de lograr apoios significativos, como o do Consello da Cultura
Galega, non acadou o seu principal obxectivo, o da creación dese centro
cultural na casa natal de Sarmiento (podes saber máis noutra sección específica neste blog).
Xurdiron pola contra noutros
ámbitos iniciativas que se van consolidando e teñen transcendencia. A Asociación Cultural Escola de Gaitas de
Vilafranca do Bierzo que forma parte parte constituínte da denominada COMISIÓN
CULTURAL SARMIENTO, presentou no 2002 dous proxectos relacionados directamente
e dun xeito moi práctico coa promoción e fomento do uso do galego no Bierzo:
SARMIENTO E A LINGUA NO BIERZO
A filosofía que move dito proxecto procura a consolidación e facer medrar o uso do galego no Bierzo. A Escola organizara nos anos 90 as denominadas Xornadas da Cultura e Lingua galegas no Bierzo (podes ver algunha información cartel sarmientocomplementaria na seguinte ligazón web) antes da introdución do galego nos centros de Ensino. Dende a Comisión Cultural se lles deu continuidade e como desde o 2001 xa había aulas de galego se incorporaron novas propostas como os denominados Intercambios escolares Martín Sarmiento que de xeito anual se veñen realizando á par das Xornadas Martín Sarmiento.
SARMIENTO: ESCOLA, NATUREZA E LINGUA
O desenvolvemento dunha Aula da Natureza Martín Sarmiento foi unha iniciativa que ía ao encontro da recuperación do Museo de Ciencias Naturais dos Padres Paúis en Vilafranca promovendo un convenio de cesión ao Concello de Vilafranca para facer factible dita recuperación. Recentemente coa creación da Asociación Burval, principal dinamizadora do Museo, se vén colaborando con ela para promover a rehabilitación e a incorporación de proxectos relacionados con Sarmiento.
Un dos logros máis recentes da Comisión
Cultural foi consolidar as Xornadas Martín Sarmiento como actividade máis
representativa desta Comisión Cultural e ocupar un destacado papel na defensa e
mellora do Programa de Promoción do Galego nos centros de ensino do Bierzo para
o que se celebra o Día do Galego nos centros escolares ou do Programa do Galego
no Bierzo dende o ano 2014.
AS XORNADAS MARTÍN SARMIENTO 2005-2015
AS XORNADAS MARTÍN SARMIENTO COMEZAN OUTRA ETAPA (2016-2019)
AS XORNADAS MARTÍN SARMIENTO A PESAR DO CONFINAMENTO (2020-2021)
AS XIV XORNADAS MARTÍN SARMIENTO (2022)
AS XV XORNADAS MARTÍN SARMIENTO (2023)
Ningún comentario:
Publicar un comentario