Acto do Día das Letras 2025 no que cantaron As Tanxugueiras
En Galicia as mulleres non son soamente poetas senón músicas naturais. En Castela e Portugal e outras provincias os homes son os que compoñen as coplas e inventan os tons e aires e así se ve que neste xénero das coplas populares falan os homes coas mulleres.No meu país é ao contrario, na maior parte falan as mulleres cos homes e é por que elas son as que compoñen as coplas e elas mesmas inventan os tons e os aires que han de cantar.
Martín Sarmiento en Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles
Antón Santamarina no Plenario extrordinario con motivo do Día das Letras Galegas 2025
Sarmiento ocupa unha posicion destacable ao ser o primeiro en recoller a tradición oral galega e polo tanto a abrir unha vía de traballo e instaurar un modelo de achegamento e de identidade que hoxe segue sendo referencial como indicou Antón Santamarina na súa charla sobre a cultura da oralidade
Celebrouse en Valdeorras unha inciativa para a creación dun Dicionario do galego da comarcar na que o Bierzo estivo presente na persoa de Sara Rodríguez, autora do Dicionario do Galego do Bierzo. Trátase dunha iniciativa que promove a Fundación Florencio Delgado Gurriarán e que resulta de sumo interese para a campaña de recolleita activa que no Bierzo denominamos O Mego das Palabras.
Con este título das arelas de Sarmiento poñemos en marcha iniciativas e propostas no transcurso das Xornadas Martín Sarmiento. As dúas Mesas de Traballo que se realizaron, unha en Vilafrnca e a outra en Cacabelos, xiraron arredor de dúas cuestiois: A recuperación toponímica e a reforma do Programa do Galego nos centros escolares do Bierzo.
A MESA DE TRABALLO EN CACABELOS
Reunidos no Salón
de plenos do Concello de Cacabelos as entidades organizadoras e administraciois
colaboradoras da presente edición das XVII XORNADAS MARTÍN SARMIENTO tivo lugar
unha MESA DE TRABALLO na que abordamos, a petición da Comisión Cultural Martín
Sarmiento, dúas preocupaciois que sintetizamos, pola súa urxencia e
importancia, tras unha breve exposición de motivos, en dúas solicitudes, unha
referente á Toponimia e a referida ao Programa de Promoción
do Galego nos centros escolares do Bierzo que detallamos a seguir:
1ª SOLICITUDE SOBRE A RECUPERACIÓN DA TOPONIMIA BERCIANA
A Comisión Cultural
Martín Sarmiento solicita, tras as Mesas de Traballo das XVII XORNADAS MARTÍN
SARMIENTO, a primeira reunida o 9 de marzo pasado en Vilafranca do Bierzo na
que se constituíu a Comisión de Recuperación da Toponimia do Bierzoe na que, con carácter de urxencia, se acordou trasladar a presente solicitude
para a seguinte Mesa de Traballo, a do 10 de marzo que tivo lugar en Cacabelos,
na que estaban presentes a alcaldesa de dito municipio, Irene González,Anderson Batista, alcalde de Vilafranca e Gustavo
Montero, o tenente alcalde de Corullón e o Presidente do Consello Comarcal do
Bierzo Olegario Ramón, Valentín García Gómez e Lourdes Batán Aira, secretario
xeral e subdirectora da SecretariaXeral
de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Melina Rellán Barreiro, xefa de
sección do Servicio de Ordenación y Equidad Educativa, en representación da
Dirección General da Junta de Castilla y León, o inspector de educación en
representación da dirección provincial de educación de León, Francisco Javier
López Álvarez, ademais dos representantes das entidades colaboradoras do
evento que asinan este escrito no que, entre outros asuntos, se lles presentou
a iniciativa da presente solicitude que quedamos de redactar e formalizar para remitir
tanto á Secretaría Xeral de Política Lingüística, á Presidencia da Real
Academia Galega como ao Presidente do Consello Comarcal coas seguintes
demandas.
Dada, por un lado, a existencia dunha aplicación
como GALICIA NOMEADA iniciativa conxunta da Xunta de Galicia e a Real Academia
Galega, que se presentou xa no Bierzo no Concello de Carucedo, aplicación
realmente útil para unha recuperación áxil e eficaz da microtoponimia e estando
en disposición de comezar un traballo de recuperación toponímica de gran calado
na comarca do Bierzo, tendo presente que conta co apoio dos gobernos municipais
que veñen colaborando anualmente coas Xornadas Martín Sarmiento e o respaldo do
propio Presidente do Consello Consello Comarcal, a través do que pretendemos
canalizar a xestión desta solicitude,quixeramos facer posible que dita aplicación sexa factible utilizala na
nosa comarca cubertos os requisitos legais pertinentes e para que isto se leve
a cabo solicitamos que:
-Que os receptores desta solicitude
realicen as xestiois oportunas primeiro para identificar cal é o organismo
responsable na Junta de Castilla y León da xestión e uso das ortofotos do
territorio para un proxecto de xeolocalización de topónimos a través do móbil
como o denominado GALICIA NOMEADA da que son responsables a Secretaría Xeral de
Política Lingüística da Xunta de Galicia e a propia Real Academia Galega.
-Que se lle comuniquen a dito
organismo as vantaxes que suporía a incorporación ou clonación da iniciativa de
GALICIA NOMEADA para o territorio berciano especialmente rico en toponimia,
como acontece con todo o territorio noroccidental da península polas
circunstancias orográficas e xeográficas que posúe e que derivou nun tipo de
poboamento numeroso e pouco disperso.
-Que se lle solicite a dito
organismo competente unha reunión para explicar en detalle como e cando sería
posible a posta en marcha deste proxecto de recuperación que pretendemos dadas
as súas eminentes vantaxes, tendo en conta a urxencia ante a agudizada
desruralización que sofren moitos concellos desta comarca. A esta reunión
invitaríase, se lle parece pertinente, tanto a Xunta de Galicia como a RAG,
para que se estude conxuntamente e do xeito máis áxil posible unha das
seguintes opciois:
a)Clonar a aplicación de GALICIA NOMEADA para o
territorio berciano, leonés ou da comunidade na súa integridade.
b)Incorporar á aplicación galega un apartado
denominado TOPONIMIA BERCIANA coas ortofotos do territorio do Bierzo.
Desexando
obter unha resposta favorable, agardando que o compromiso adquirido na Mesa de
Traballo da XVII Xornadas Martín Sarmiento chegue a bon porto e podamos, o máis
axiña posible, iniciar o proxecto de recuperación da toponimia do Bierzo coa
posta en marcha da citada aplicación, asinamos a presente solicitude
esperanzados e cun sincero agradecemento adiantado por dar un paso tan
importante na documentación e xeolocalización dos nomes de lugar, parte
substancial da nosa riqueza patrimonial.
2ª SOLICITUDE DUNHA REUNIÓN
EXTRAORDINARIA DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PROGRAMA DE PROMOCIÓN COAS
ENTIDADES QUE VEÑEN CONVOCANDO AS XORNADAS MARTÍN SARMIENTO PARAABORDAR O DEBATE DUNHA REFORMA E MELLORA DE DITO PROGRAMA QUE
PERMITA FALAR DUNHA TOTAL CONSOLIDACIÓN DO MESMO.
REFORMA PARA A MELLORA E CONSOLIDACIÓN DO
PROGRAMA NO SEU 25 ANIVERSARIO
A
aposta das familias da comunidade educativa berciana polo Programa é, como
reiteramos, o máis relevante e positivo da intrahistoria do mesmo polo que,
neste aspecto, podemos falar dun éxito. Pero non é ouro todo o que reloce, xa
citamos unha cantidade de eivas e obstáculos presentes e persistentes que
esperan ser tratados con determinación política, solucionados sen causar ningún
trauma especial no eido educativo do Bierzo, porque é a inmensa maioría da
Comunidade quen está apostando certamente polo mantemento e ampliación do
mesmo.
Non podemos actuar
reiteradamente como se non se visen esa chea de situaciois mellorables todas, que, lonxe de consolidar o programa e facilitar
o aumento da matrícula, (especialmente na Secundaria), provocan unha baixa de matriculas posibles en
lugar dun incremento notable, ademais do desprestixio público e, o máis grave,
a enquistamento de condiciois inxustificables no horario extraoficial que
afecta ás familias e alumnado que apostou desde o principio polo programa, falamos
de novo do alumnado da Secundaria e Bacharelato, ou o feito de que non sexan
todos os centros adscritos atendidos para poder proseguir co programa nos IES
correspondentes, xa que o seu sería que todos os IES bercianos o ofertasen,
como xa dixemos.
As limitaciois e
precariedades citadas que se estenden tamén aos propios docentes do Programa que
seguen sen departamento propio e sen a coordinación necesaria para ser máis
eficaces e unha mellora de contidos aproveitando a experiencia que estes 23
anos xa outorgan.A perda de falantes
que o galego no Bierzo tamén sofre, precisa de políticas decididas e non
ancoradas nos mínimos, navegar na naturalidade coa que os bercianos/as asumen a
presenza do galego no ensino. Ese é o espírito da presente solicitude, das
melloras que se implementen acordes coa filosofía da Promoción e camiñar sempre
cara adiante.Cremos que o 25 aniversario pode ser un ano:
- - No que todo o territorio oferte
galego tanto en Primaria como en Secundaria.
- - Que os criterios para introducir
nun centro o galego como optativo non impida ou disuada a ningún escolar
escoller e comezar a estudar galego ou permanecer no Programa ao seu paso da
Primaria para Secundaria ou o Bacharelato.
- - Que a oferta sexa máis
marcadamente lingüística en Primaria e que sexa factible estudar Lingua e
Cultura Galega desde 1º da ESO para camiñar na equiparación dos dereitos
lingüísticos dos españois, referímonos aos dereitos que xa existen en Galicia,
comparados cos do noso territorio, onde tamén o galego é lingua propia e polo
tanto son uns dereitos lingüísticos esixibles, esixencias que as autoridades
educativas deben saber xestionar democraticamente acordes cunha sociedade de
oportunidades e liberdade.
- - Que de ningunha maneira se permita
dar fóra do horario lectivo esta materia, tratando ao galego por igual ao resto
das materias.
- - Qe aumente oferta establecendo un
criterio de imperativo que a administración educativa aplicaría a centros que
hoxe non o imparten.
- - No que un departamento para o galego e
unha listaxe de docentes capaz de impedir que a precariedade e falta de
profesores sexa algo constante, algo que desprestixia ao Programa de Promoción
curso si e curso tamén.
- - No que se poña a funcionar unha coordinación para as/os docentes da
Primaria que permita mellorar os contidos na liña desa iniciación á Lingua
Galega que procura o Programa.
ENCONTRO CON SECUNDARIA: O MEGO DAS PALABRAS (Cine FABA Cacabelos)
Nesta XVII edición das Xornadas Martín Sarmiento con motivo do encontro co alumnado de Secundaria dos IES que imparten o Programa do Galego fixemos un seguimento da iniciatva que puxemos en marcha o curso pasado a partir da publicación do Dicionario do Galego do Bierzo de Sara Rodríguez, para o que contamos coa presenza da propia autora que invitou aos centros presentes a proseguir coa recolleita de palabras, tras analizar algúas das achegas que se fixeron.
ENCONTRO CON PRIMARIA: V-PREMIOS MORALES
A seguir demos a benvida a unha parte dos alumnas/os de 11 centros de Primaria que imparten tamén o Programa de Galego que foron recibidos pola comparsa do Entroido Berciano do Grupo de Alegría Berciana que tivo a ben a compañarnos. Este grupo folclórico leva anos representando esta escena das nosas tradiciois partindo do poema de Antonio Fernández Morales titulado o Entroido que era precisamente o motivo escollido para os V Premios Morales, que se concretou coa edición dun calendario con debuxos dos distintos centros participantes e textos do longo poema do autor dos Ensayos poéticos en dialecto berciano. Entregáronse para cada centro a ninas e nninos autores das ilustraciois lotes de calendarios editados por Ediciois Positivas e tras unha alocución das autoridades educativas e políticas presentes o alumnado do Programa de Galego tivo ocasión de escuitar, aprender e divertirse con Música e Evolución concerto didáctico de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez que desenvolveron sobre os Instrumentos, cantigas populares e a súa evolución.
Intervención do Anderson, Alcalde de Vilafranca na charla Toponimia do Bierzo Occidental do 9 de marzo no Teatro de Vilafranca do Bierzo.
Seguindo a filosofía de Martín Sarmiento o pasado día 9 de marzo constituímos a Comisión para a Recuperación da Toponimia do Bierzo, que se presentou como primeiro acto cunha charla sobre a Toponimia Berciana que impartiu o especialista berciano, nado en Ponferrada, Fernando Cabeza Quiles.
O obxectivo central é a recuperación da microtoponimia, reunindo iniciativas de distintos concellos do Bierzo Oeste, (algunhas delas están en marcha) e poder chegar a xeolocalizar a toponimia recollida usando unha aplicación sinxela (xa usada en Galicia Nomeada) á que se pode acceder a través de móbiles e ordenadores. Precisamente de cara a lograr esta meta, demos un segundo paso que foi na Mesa de Traballo coas autoridades que apoian e colaboran coas Xornadas Martín Sarmiento (Cacabelos 10 de marzo), ao propoñer que o Consello Comalcal do Bierzo encabece as solicitudes pertinentes da alcaldesa de Cacabelos e dos alcaldes de Carucedo, Corullón e Vilafranca ante as entidades responsables que deben conceder os permisos precisos para dar acceso público á xa citada ferramenta tecnolóxica, que son tanto autoridades de Galicia, Xunta de Galicia e Real Academia Galega, como da Junta de Castilla e León.
Fernando Cabeza Quiles comezando a súa alocución
Intervención do especialista Fernando Cabeza Quiles
Coloquio na parte final da charla
Mesa de traballo coas administraciois da Junta de Castilla e León a Xunta de Galicia e Consello Comarcal, colaboradores das Xornadas Martín Sarmiento, o 10 de marzo (Cacabelos)
RECUPERAR
A TOPONIMIA DO BIERZO OCCIDENTAL, Fernando Cabeza Quiles
O próximo domingo 9 de marzo en Vilafranca do Bierzo celebramos o inicio dadécimo sétima edición das
Xornadas Martín Sarmiento cunha actividade moi especial: RECUPERAR A TOPONIMIA DO BIERZO OCCIDENTAL. Xa abordaramos o
transcendental asunto da toponimia noutras ocasiois, pero nestes últimos anos
dúas circunstancias cambiaron a nosa mirada sobre este apartado esencial do
noso patrimonio lingüístico e cultural. A crise dorural está producíndose a pasos de xigante e
con ela avanza a perda inexorable da nosa microtoponimia; isto fai máis urxente
recollela. Por outro lado as novas tecnoloxías puxeron nas nosas maos
ferramentas mui útiles para poder rexistrar in situ os topónimos para que
estean automaticamente xeolocalizalos. Logo facendo da urxencia unha
oportunidade queremos poñer en marcha unha iniciativa de recuperación da
toponimia do Bierzo, concello a concello convertendo esta iniciativa nunha
actividade colectiva e divulgativa. Para iniciar este proxecto procuramos as
indicaciois dun asesor, un especialista nacido no Bierzo, Fernando Cabeza
Quiles. Unha charla divulgativa será pois o punto de partida. O acto terá lugar
no Teatro “Enrique Gil” ás 19,00 horas e esperamos poder constituír a seguir
unha Comisión de traballo que logo co apoio de distintas instituciois dean
corpo a este novo proxecto tan acorde coa filosofía de traballo do Padre
Sarmiento, cuxo natalicio festexamos así na súa vila natal.
De todo os xeitos a Xornadas terán un
acto inaugural cun forte carácter simbólico como é o de unir dalgún xeito as
figuras que cantaron e publicaron en galego no Bierzo Ensayos poéticos en dialecto berciano (1861) e en Galicia Cantares gallegos (1863) cun acto
emotivo de irmandade simbolizado na plantación dunha figueira da Casa de Rosalía de Castro en
Cacabelos.
ENCONTRO ESCOLAR DO GALEGO DO BIERZO
PREMIO MORALES EN CACABELOS
O luns 10 de marzoen
Cacabelos celebraremos oDía do
Galego nos Centros Docentes do Bierzo. Nesta edición o alumnado do Programa
de Promoción do Galego nos centros escolares bercianosconcluirá
un traballo inaugurado coa Vª convocatoria do Premio Morales que xiraba ao
redor do poema: O Entroido. Despois da elaboración dun calendario como ferramenta
didáctica estes versos van ser recreados no cine Faba de Cacabelos a través da
proposta realizada polo grupo Alegría Berciana. Ademais de coñecer as nosas
tradiciois avanzamos así no futuro da lingua na comarca cunha actividade
participativa e lúdica. Antonio
Fernández Morales, autor ligado a esta vila berciana de Cacabelos, onde viviu e
está soterrado, é o cantor por excelencia do galego do Bierzo, será un dos
centros de interese destes intercambios didácticos e lúdicos das Xornadas
Martín Sarmiento para alumnos/as vidos de distintos centros de ensino de todo o
Bierzo. O outro tema que pretendemos abordar é o das cantareiras e a tradición
oral que serán homenaxeadas esta ano con motivo do Día das Letras Galegas. Temos
a certeza de que máis aló das aulas este sentimento estámosllo a contaxiar a
outros sectores da sociedade berciana que perciben que vai sendo hora de
mellorar o acordo de Promoción da Lingua Galega que leva 23 anos aplicándose e
reclama maior atención e un novo pulo.
Na primeira parte do acto de xeito
exclusivo para os alumnos/as de secundaria actualizaremos a iniciativa do
Mego das Palabras que puxemos en marcha o curso pasado por estas datas
a partir da presentación do Dicionario do
Galego do Bierzo de Sara Rodríguez e das novas secciois da web: WWW.OGALEGONOBIERZO.ORG.
Como remate da celebración tras da intervención das autoridades que
subvencionan e apoian o evento farase a convocatoria da VIª edición dos Premio
Morales do 2026.
A Comisión Cultural “Martín Sarmiento”
de Vilafranca, os centros docentes do Programa do Galego na comarca, a Real
Academia Galega, as autoridades educativas autonómicas, entes culturais como O
Fiandón Berciano e o Instituto de Estudios Bercianos, alcaldes do Bierzo e o
seu Consello Comarcal manterán un encontro de traballo de cara a programar
outras iniciativas coa fin de seguir abrindo novos espazos para o galego no
Bierzo.
PROGRAMA
DE ACTOS
Domingo
9 de marzo
Ás 12 horas. Plantación da Figueira de Rosalía en Cacabelos
coa presenza de Anxo Angueira, presidente da Casa Museo de Rosalía de Castro en
Padrón. Intervirán as Cantareiras de Arnado e a Escola de gaitas de Vilafranca
do Bierzo.
Ás
19,00 horas, Teatro “Enrique Gil” de Vilafranca:
Charla
das Arelas de Sarmiento cotitulo:
RECUPERAR A TOPONIMIA DO BIERZO
OCCIDENTAL
que impartirá o especialista Fernando
Cabeza Quiles, acompañado de Raúl Ochoa do Filandón berciano e Héctor Silveiro
da Comisión Cultural Martín Sarmiento.
Luns 10 de marzo,
a partir das 9,30no Cine Faba en Cacabelos
1.ª SESIÓN MATINAL SECUNDARIA :
9,30APERTURA DO INTERCAMBIO DE
SECUNDARIA: Actualización
do Mego das Palabras e das novas secciois da Páx. WEB: WWW.OGALEGODOBIERZO.ORG
co Dicionario do Galego do Bierzo de Sara Rodríguez.
Asistirán os alumnos/as do
Programa de Galego de SECUNDARIA dos centros:
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES
Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES
Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a de Galego da EOI de Ponferrada.
O ENTROIDO BERCIANO E MÚSICA E EVOLUCIÓN
10,30:CO ALUMNADO DE PRIMARIA:Representaciónviva do poema O ENTROIDO de Antonio Fernández Morales a partir da
proposta realizada polo grupo folclórico e cultural Alegría Berciana, dirixida
por Rafael Busto.
ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA Vª EDICIÓN
DOS PREMIOS ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES
Intervirán
as entidades e autoridades organizadoras desta IV Edición que ademais de facer
entrega dos premiospresentarán as novas secciois da WEB: OGALEGONOBIERZO.ORG e anunciarán
a convocatoria da V edición dos Premios Morales.
A CONVOCATORIA DA Vª
EDICIÓN DOS PREMIOS MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO, coacolaboración das autoridades e entes que
tamén contribúen á posta en marcha das presentes Xornadas.
11,30:
ACTUACIÓN PARA O ALUMNADO DO PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO GALEGO NO BIERZO
CONCERTO
DIDÁCTICO “MÚSICA E EVOLUCIÓN” de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez.
Actuaciois subvencionadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da
Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Asisten alumnos/as dos
centros de PRIMARIA de:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonsode Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Meraio,
CEIP M.L.Ucieda de Toural dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA Cubillos do Sil,
CRA Ximena Muñiz de Corullón,
CRA Ponte de Domingo Flórez
MESAS
DE TRABALLO
Día 9 de marzo en VILAFRANCA
(Salón de plenos do Concello)
-Proposta de creación dunha Comisión para a Recuperación da Toponimia do
Bierzo. A Comisión Cultural Martín
Sarmiento de Vilafranca coordina unha iniciativa aberta
á participación de colectivos e da cidadanía para a recuperación da toponimia
local e a súa xeolocalización.
Día 10
de marzo en CACABELOS(Salón de actos do MARCA)
1º CONVOCATORIA DA VIª EDICIÓN DOS PREMIOS MORALES PARA A
PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO E SANABRIA coa
colaboración das autoridades e entes que tamén contribúen á posta en marcha das
presentes Xornadas.
2º PROPOSTAS DA COMISIÓN CULTURAL MARTÍN
SARMIENTO. Trátase dun encontro de
docentes, autoridades educativas, Real Academia Galega, administraciois e
asociaciois culturais bercianas para realizar un seguimento das actividades
levadas a cabo e concretar novos compromisos coa lingua galega no Bierzo, entre
outros a elaboración do borrador dun convenio de colaboración entre a Real
Academia Galega e o Consello Comarcale
outras entidades culturais do Bierzo.