AS XVIII XORNADAS MARTÍN SARMIENTO ENTRE VILAFRANCA E CACABELOS
A presente edición das Xornadas Martín Sarmiento percorrerán dous espazos tradicionais nesta celebración do galego do Bierzo, cun fío condutor ligado á natureza dos nosos montes tan maltratada no pasado vrao a causa do lume. Vilafranca o sábado 7 de marzo acollerá unha reunión da Comisión de Toponimia do Bierzo, para logo realizar a presentación dun libro sobre a figura de Sarmiento como naturalista,. Logo será Cacabelos o propio 9 de marzo, día do natalicio de Sarmiento, onde se celebrará o Dia do Galego do Bierzo cos centros de Secundaria e Primaria que imparten o Programa de Promoción desta lingua na comarca e ademais se colocará unha placa na figal da Casa de Rosalía de Castro (árbore que se plantara o ano pasado) como sinal de irmanamento co berciano e coetáneo Antonio Fernández Morales, poeta do galego do Bierzo que tamén se homenaxea anualmente no transcurso destas Xornadas coa convocatoria do Premio Morales.
AS XORNADAS MARTÍN SARMIENTO EN VILAFRANCA. (Sábado 7 de marzo)
Reunión da Comisión da Toponimia do Bierzo no Salón de plenos do Concello, que traballará específicamente sobre a Toponimia de Carucedo.
Presentación do libro
MARTIN SARMIENTO, O PRIMEIRO NATURALISTA
de Rafael López Loureiro
Encontro co autor que presentará o colectivo ecoloxista A Morteira. Coñeceremos de primeira mao o abraio que supuxo para o autor descubrir o labor do frade sabio, traballador infatigable e unha rara avis promotor dos estudos e traballos sobre a natureza que cambiaron a nosa mirada sobre este apartado esencial do noso patrimonio. Unha análise necesaria ante a ofensiva dos incendios que asolaron as terras bercianas e galegas o pasado período estival. Ten muito sentido reflexionar sobre a nosa relación coa natureza e seguindo a Sarmiento, atopar respostas que camiñen dentro do maior dos respectos cara aos ciclos naturais e a ecoloxía. O acto terá lugar no Teatro “Enrique Gil” ás 19,00 horas e esperamos poder seguir avanzando así no camiño acorde coa filosofía e as arelas do Padre Sarmiento, cuxo natalicio festexamos deste xeito na súa vila de orixe.
___________________________________________
9 de MARZO: DÍA DO GALEGO DO BIERZO (CACABELOS)
A XORNADA ESCOLAR COA CONVOCATORIA DOS PREMIOS MORALES
O luns 9 de marzo en Cacabelos celebraremos o Día do Galego nos Centros Docentes do Bierzo. Nesta edición o alumnado do Programa de Promoción do Galego nos centros escolares bercianos concluirá un traballo inaugurado coa VIª edición dos Premios Morales que xiraba ao redor dos versos sobre A flora e a fauna dos montes bercianos ( a partir duns versos do poema Vilafranca e a vendima).
OS NOMES DA NOSA NATURALEZA: Partindo de textos de Sarmiento e de Morales autor ligado a esta vila berciana de Cacabelos, onde viviu e está soterrado, é o cantor por excelencia do galego do Bierzo, será un dos centros de interese destes intercambios didácticos e lúdicos das Xornadas Martín Sarmiento para alumnos/as vidos de distintos centros de ensino de todo o Bierzo.
Na primeira parte do acto de xeito exclusivo para os alumnos/as de secundaria do Programa de Promoción do Galego do Bierzo actualizaremos a iniciativa do Mego das Palabras que puxemos en marcha en cursos pasados por estas datas a partir da presentación do Dicionario do Galego do Bierzo de Sara Rodríguez e das novas secciois da web: OGALEGONOBIERZO.ORG. tanto a autora como distintos membros de colectivos como O Fiandón berciano e Alfonso Fernández Pacios, especialista en paxaros do Bierzo poremos en común o léxico da flora e da fauna berciana.
As Xornadas terán un acto cun forte carácter simbólico como é o de unir dalgún xeito as figuras do século XIX que publicaron en galego no Bierzo e en Galicia. Falamos de Antonio Fernández Morales, o autor dos Ensayos poéticos en dialecto berciano (1861) e de Rosalía de Castro autora dos Cantares gallegos (1863) coa instalación da placa na figal da Casa de Rosalía no día do nacemento de Martín Sarmiento será un acto emotivo de irmandade.
A segunda parte terá lugar a partir das 11,30 co alumnado de Primaria do Programa de Promoción do Galego de distintos centros do Bierzo. Tras da intervención das autoridades que subvencionan e apoian o evento farase a nova convocatoria da VIIª edición dos Premio Morales do 2027.
OBRADOIRO: OS SONS DO NOSO BOSQUE dirixido polo cantautor ecopacifista do Bierzo José Ángel Rodríguez.
José Ángel realizará un achegamento á natureza a través dos sons dos nosos bosques no que incluirá canciois especialmente seleccionadas para a ocasión traballando co léxico en galego da natureza berciana. Aparecerán osos, xabaríns, aves cantoras diurnas como a rula, o cochorro ou o cuquelo e noturnas como a curuxa e a avelaiona, barburetas e abellas, pequenos insectos esenciais para o futuro do noso entorno.
AS ARELAS DE SARMIENTO: MESA DE TRABALLO
A Comisión Cultural “Martín Sarmiento” de Vilafranca como é habitual rematan estas xornadas realizando unha mesa de traballo xunto cos centros docentes do Programa do Galego na Bierzo, a Real Academia Galega, as autoridades educativas autonómicas, entes culturais como O Fiandón Berciano e o Instituto de Estudios Bercianos, alcaldes do Bierzo e o seu Consello Comarcal de cara a analizar a situación actual do Galego do Bierzo e programar outras iniciativas coa fin de seguir abrindo novos espazos para esta lingua natural da comarca.
PROGRAMA DE ACTOS
Sábado 7 de marzo 2026. VILAFRANCA DO BIERZO
Reunión da Comisión da Toponimia do Bierzo no Salón de plenos do Concello, que traballará específicamente sobre a Toponimia de Carucedo.
Ás 19,00 horas, Teatro “Enrique Gil” de Vilafranca
Presentación do Libro:
MARTÍN SARMIENTO, O PRIMEIRO NATURALISTA de Rafael López Loureiro
_________________________________________
Luns 9 de marzo, a partir das 9, 30 CACABELOS
1.ª SESIÓN MATINAL SECUNDARIA no Cine Faba de Cacabelos.
OS NOMES DA NATUREZA BERCIANA. O léxico da nosa fauna e flora
9,30 APERTURA DO INTERCAMBIO DE SECUNDARIA: O MEGO DAS PALABRAS
Iniciativa do Mego das Palabras e da Páx. WEB O Galego do Bierzo, dirixida por Sara Rodriguez autora do Dicionario do Galego do Bierzo na ue participa o Fiandón Berciano e Alfonso Fernández Pacios especialista en paxaros do Bierzo.
Asistirán os alumnos/as do Programa de Galego de SECUNDARIA dos centros:
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a de Galego da EOI de Ponferrada.
2.ª SESIÓN MATINAL CO ALUMNADO DE PRIMARIA:
11,30 ENTREGA DE PREMIOS DA VIª EDICIÓN DOS PREMIOS FERNÁNDEZ MORALES
Intervirán as entidades e autoridades organizadoras desta IV Edición que ademais de facer entrega dos premios presentarán as novas secciois da WEB: OGALEGONOBIERZO.ORG e anunciarán unha nova convocatoria edición dos Premios Morales.
11,45: OBRADOIRO: OS SONS DO NOSO BOSQUE
PARA O ALUMNADO DO PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO GALEGO NO BIERZO
Obradoiro impartido por José Ángel Rodríguez, cantautor da natureza do Bierzo.
subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Asisten alumnos/as dos centros de PRIMARIA de:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Meraio,
CEIP M.L.Ucieda de Toural dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA Cubillos do Sil,
CRA Ximena Muñiz de Corullón,
CRA Ponte de Domingo Flórez.
ÁS 12,00 COLOCACIÓN DA PLACA NA FIGUEIRA DA CASA DE ROSALÍA
Inauguración dunha placa na figal da Casa de Rosalía de Castro de Padrón (árbore que se plantara o ano pasado) como sinal de irmanamento co berciano e coetáneo Antonio Fernández Morales, poeta do galego do Bierzo que tamén se homenaxea anualmente no transcurso destas Xornadas coa convocatoria do Premio Morales. asistiran as autoridades e entidades que organizan e apoian este evento.
MESAS DE TRABALLO 2026: AS ARELAS DE SARMIENTO
Día 7 de marzo en VILAFRANCA (Salón de plenos do Concello)
- Comisión para a Recuperación da Toponimia do Bierzo. A Comisión Cultural Martín Sarmiento de Vilafranca coordina unha iniciativa aberta á participación de colectivos e da cidadanía para a recuperación da toponimia local e a súa xeolocalización centrada en Carucedo.
Día 9 de marzo en CACABELOS (Salón municipal do Concello de Cacabelos)
1º CONVOCATORIA DA VIIª EDICIÓN DOS PREMIOS MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO E SANABRIA, coa colaboración das autoridades e entes que tamén contribúen á posta en marcha das presentes Xornadas.
2º PROPOSTAS DA COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO. Trátase dun encontro de docentes, autoridades educativas, Real Academia Galega, administraciois e asociaciois culturais bercianas para realizar un seguimento das actividades levadas a cabo e concretar novos compromisos coa lingua galega no Bierzo, entre as entidades organizadoras e colaboradoras destas Xornadas Martín Sarmiento, Junta Castilla y León, Xunta de Galicia, Real Academia Galega, o Consello Comarcal do Bierzo e concellos colaboradores e outras entidades culturais do Bierzo.
.png)
