martes, 11 de marzo de 2025

COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA TOPONIMIA DO BIERZO

A MESA DAS ARELAS DE SARMIENTO 2025 

Intervención do Anderson, Alcalde de Vilafranca na charla Toponimia do Bierzo Occidental do 9 de marzo no Teatro de Vilafranca do Bierzo. 

Seguindo a filosofía de Martín Sarmiento o pasado día 9 de marzo constituímos a Comisión para a Recuperación da Toponimia do Bierzo, que se presentou como primeiro acto cunha charla sobre a Toponimia Berciana que impartiu o especialista berciano, nado en Ponferrada, Fernando Cabeza Quiles.

 O obxectivo central é a recuperación da microtoponimia, reunindo iniciativas de distintos concellos do Bierzo Oeste, (algunhas delas están en marcha) e poder chegar a xeolocalizar a toponimia recollida usando unha aplicación sinxela (xa usada en Galicia Nomeada) á que se pode acceder a través de móbiles e ordenadores. Precisamente de cara a lograr esta meta, demos un segundo paso que foi na Mesa de Traballo coas autoridades que apoian e colaboran coas Xornadas Martín Sarmiento (Cacabelos 10 de marzo), ao propoñer que o Consello Comalcal do Bierzo encabece as solicitudes pertinentes da alcaldesa de Cacabelos e dos alcaldes de Carucedo, Corullón e Vilafranca  ante as entidades responsables que deben conceder os permisos precisos para dar acceso público á xa citada ferramenta tecnolóxica, que son tanto autoridades de Galicia, Xunta de Galicia e Real Academia Galega, como da Junta de Castilla e León.    

Fernando Cabeza Quiles comezando a súa alocución



Intervención do especialista Fernando Cabeza Quiles

Coloquio na parte final da charla

Mesa de traballo coas administraciois da Junta de Castilla e León a Xunta de Galicia e Consello Comarcal, colaboradores das Xornadas Martín Sarmiento,
 o 10 de marzo (Cacabelos)






SARMIENTO como pioneiro na recolleita da nosa tradición oral

Acto do Día das Letras 2025 no que cantaron As Tanxugueiras   En Galicia as mulleres non son soamente poetas senón músicas naturais. En Cast...