AS XVII
XORNADAS SARMIENTO EN VILAFRANCA
RECUPERAR
A TOPONIMIA DO BIERZO OCCIDENTAL, Fernando Cabeza Quiles
O próximo domingo 9 de marzo en Vilafranca do Bierzo celebramos o inicio da décimo sétima edición das
Xornadas Martín Sarmiento cunha actividade moi especial: RECUPERAR A TOPONIMIA DO BIERZO OCCIDENTAL. Xa abordaramos o
transcendental asunto da toponimia noutras ocasiois, pero nestes últimos anos
dúas circunstancias cambiaron a nosa mirada sobre este apartado esencial do
noso patrimonio lingüístico e cultural. A crise do rural está producíndose a pasos de xigante e
con ela avanza a perda inexorable da nosa microtoponimia; isto fai máis urxente
recollela. Por outro lado as novas tecnoloxías puxeron nas nosas maos
ferramentas mui útiles para poder rexistrar in situ os topónimos para que
estean automaticamente xeolocalizalos. Logo facendo da urxencia unha
oportunidade queremos poñer en marcha unha iniciativa de recuperación da
toponimia do Bierzo, concello a concello convertendo esta iniciativa nunha
actividade colectiva e divulgativa. Para iniciar este proxecto procuramos as
indicaciois dun asesor, un especialista nacido no Bierzo, Fernando Cabeza
Quiles. Unha charla divulgativa será pois o punto de partida. O acto terá lugar
no Teatro “Enrique Gil” ás 19,00 horas e esperamos poder constituír a seguir
unha Comisión de traballo que logo co apoio de distintas instituciois dean
corpo a este novo proxecto tan acorde coa filosofía de traballo do Padre
Sarmiento, cuxo natalicio festexamos así na súa vila natal.
De todo os xeitos a Xornadas terán un
acto inaugural cun forte carácter simbólico como é o de unir dalgún xeito as
figuras que cantaron e publicaron en galego no Bierzo Ensayos poéticos en dialecto berciano (1861) e en Galicia Cantares gallegos (1863) cun acto
emotivo de irmandade simbolizado na plantación dunha figueira da Casa de Rosalía de Castro en
Cacabelos.
PREMIO MORALES EN CACABELOS
O luns 10 de marzo en
Cacabelos celebraremos o Día do
Galego nos Centros Docentes do Bierzo. Nesta edición o alumnado do Programa
de Promoción do Galego nos centros escolares bercianos concluirá
un traballo inaugurado coa Vª convocatoria do Premio Morales que xiraba ao
redor do poema: O Entroido. Despois da elaboración dun calendario como ferramenta
didáctica estes versos van ser recreados no cine Faba de Cacabelos a través da
proposta realizada polo grupo Alegría Berciana. Ademais de coñecer as nosas
tradiciois avanzamos así no futuro da lingua na comarca cunha actividade
participativa e lúdica. Antonio
Fernández Morales, autor ligado a esta vila berciana de Cacabelos, onde viviu e
está soterrado, é o cantor por excelencia do galego do Bierzo, será un dos
centros de interese destes intercambios didácticos e lúdicos das Xornadas
Martín Sarmiento para alumnos/as vidos de distintos centros de ensino de todo o
Bierzo. O outro tema que pretendemos abordar é o das cantareiras e a tradición
oral que serán homenaxeadas esta ano con motivo do Día das Letras Galegas. Temos
a certeza de que máis aló das aulas este sentimento estámosllo a contaxiar a
outros sectores da sociedade berciana que perciben que vai sendo hora de
mellorar o acordo de Promoción da Lingua Galega que leva 23 anos aplicándose e
reclama maior atención e un novo pulo.
Na primeira parte do acto de xeito
exclusivo para os alumnos/as de secundaria actualizaremos a iniciativa do
Mego das Palabras que puxemos en marcha o curso pasado por estas datas
a partir da presentación do Dicionario do
Galego do Bierzo de Sara Rodríguez e das novas secciois da web: WWW.OGALEGONOBIERZO.ORG.
Como remate da celebración tras da intervención das autoridades que
subvencionan e apoian o evento farase a convocatoria da VIª edición dos Premio
Morales do 2026.
A Comisión Cultural “Martín Sarmiento”
de Vilafranca, os centros docentes do Programa do Galego na comarca, a Real
Academia Galega, as autoridades educativas autonómicas, entes culturais como O
Fiandón Berciano e o Instituto de Estudios Bercianos, alcaldes do Bierzo e o
seu Consello Comarcal manterán un encontro de traballo de cara a programar
outras iniciativas coa fin de seguir abrindo novos espazos para o galego no
Bierzo.
PROGRAMA
DE ACTOS
Domingo
9 de marzo
Ás 12 horas. Plantación da Figueira de Rosalía en Cacabelos
coa presenza de Anxo Angueira, presidente da Casa Museo de Rosalía de Castro en
Padrón. Intervirán as Cantareiras de Arnado e a Escola de gaitas de Vilafranca
do Bierzo.
Ás
19,00 horas, Teatro “Enrique Gil” de Vilafranca:
Charla
das Arelas de Sarmiento co titulo:
RECUPERAR A TOPONIMIA DO BIERZO OCCIDENTAL
que impartirá o especialista Fernando Cabeza Quiles, acompañado de Raúl Ochoa do Filandón berciano e Héctor Silveiro da Comisión Cultural Martín Sarmiento.
Luns 10 de marzo,
a partir das 9,30
no Cine Faba en Cacabelos
1.ª SESIÓN MATINAL SECUNDARIA :
9,30 APERTURA DO INTERCAMBIO DE
SECUNDARIA: Actualización
do Mego das Palabras e das novas secciois da Páx. WEB: WWW.OGALEGODOBIERZO.ORG
co Dicionario do Galego do Bierzo de Sara Rodríguez.
Asistirán os alumnos/as do
Programa de Galego de SECUNDARIA dos centros:
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES
Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES
Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a de Galego da EOI de Ponferrada.
O ENTROIDO BERCIANO E MÚSICA E EVOLUCIÓN
10,30: CO ALUMNADO DE PRIMARIA: Representación
viva do poema O ENTROIDO de Antonio Fernández Morales a partir da
proposta realizada polo grupo folclórico e cultural Alegría Berciana, dirixida
por Rafael Busto.
ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA Vª EDICIÓN
DOS PREMIOS ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES
Intervirán
as entidades e autoridades organizadoras desta IV Edición que ademais de facer
entrega dos premios presentarán as novas secciois da WEB: OGALEGONOBIERZO.ORG e anunciarán
a convocatoria da V edición dos Premios Morales.
A CONVOCATORIA DA Vª
EDICIÓN DOS PREMIOS MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO, coa colaboración das autoridades e entes que
tamén contribúen á posta en marcha das presentes Xornadas.
11,30:
ACTUACIÓN PARA O ALUMNADO DO PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO GALEGO NO BIERZO
CONCERTO
DIDÁCTICO “MÚSICA E EVOLUCIÓN” de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez.
Actuaciois subvencionadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Asisten alumnos/as dos
centros de PRIMARIA de:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso
de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Meraio,
CEIP M.L.Ucieda de Toural dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA Cubillos do Sil,
CRA Ximena Muñiz de Corullón,
CRA Ponte de Domingo Flórez
MESAS
DE TRABALLO
Día 9 de marzo en VILAFRANCA
(Salón de plenos do Concello)
-
Proposta de creación dunha Comisión para a Recuperación da Toponimia do
Bierzo. A Comisión Cultural Martín
Sarmiento de Vilafranca coordina unha iniciativa aberta
á participación de colectivos e da cidadanía para a recuperación da toponimia
local e a súa xeolocalización.
Día 10
de marzo en CACABELOS (Salón de actos do MARCA)
1º CONVOCATORIA DA VIª EDICIÓN DOS PREMIOS MORALES PARA A
PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO E SANABRIA coa
colaboración das autoridades e entes que tamén contribúen á posta en marcha das
presentes Xornadas.
2º PROPOSTAS DA COMISIÓN CULTURAL MARTÍN
SARMIENTO. Trátase dun encontro de
docentes, autoridades educativas, Real Academia Galega, administraciois e
asociaciois culturais bercianas para realizar un seguimento das actividades
levadas a cabo e concretar novos compromisos coa lingua galega no Bierzo, entre
outros a elaboración do borrador dun convenio de colaboración entre a Real
Academia Galega e o Consello Comarcal e
outras entidades culturais do Bierzo.